sábado, 3 de mayo de 2014

SEMENTANDO NO ENTROIDO

Comezamos as celebracións de Entroido elixindo o noso Meco que non podía ser outro este curso que  o inimigo dos bichos que queren papar os nosos cultivos, chamámoslle Flis. Eso sí como estamos moi concienciados dos coidado que merece  a nosa terriña, e daquela o noso planeta, tivemos sempre na cabeza o control natural das plagas e a agricultura ecolóxica. Ía ben preparado  xoaniñas, abellas  e outros insectos beneficiosos, plantas aromáticas e flores que non deixan achegarse ós estranos, mesmo un "matamoscas" levaba por se fose preciso...
O meco deu as ordes necesarias e comezou a Semana da Troula. Os días foronse debullando coma o millo e os nenos e nenas convertironse en auténticos agricultores preparados para cultivar o que fixese falla.


 As fotos do resultado final da troula AQUI

Mentras o traballo levaba un ritmo acelerado nas aulas para non chegar tarde ao noso acontemento especial: O desfile de entroido. Desfile e baile; todos tivemos que aprender unha cantiga colaborativa na que cada quen puxo rima e ritmo ao cultivo ou elemento "agrario" co que desfilaba.
Sen esquecer da laboura literaria dos maiores do cole confeccionando as coplas e o testamento de Meco.



Cando chegou o día o patio encheuse de xoaniñas protectoras de candansúa verza, patacas disfrazadas de Mr e Mrs Potato, uvas, chícharos, cabaciñas, pementos de tódalas cores, espigas de millo, castañas e uns estupendos espantallos para estar ben protexidos. Nalgunha das páxinas das aulas (as pestanas de arriba) hai fotos da confección dos traxes.
Están tódalas fotos nesta ligazón



Tamén entre todos cambiamos a letra a  unha canción de Susa Herrera, á que dende aquí pedímoslle desculpas pola nosa tremenda ousadía, e aproveitamos a súa música como karaoke; pero é que nos gustan tanto as súas cancions...

No hay comentarios:

Publicar un comentario