CASTAÑAS

Este cultivo tocoulle ós nenos e nenas de 4º de Primaria.

E que mellor que compartir un    MAGOSTO con tódolos compañeiros do cole mentras empezaron a pescudar no seu cultivo.

Antes de rematar o primeiro trimestre puxeron o seu granciño de area no mapa colaborativo dos cultivos colocando as castañas nas súas zonas correspondente e elaborando a súa parte da lenda.




Ainda que non temos fotos pasaron todo o curso investigando, en internet e coa axuda das súas familias, sobre a castaña e as súas caracteristicas para ir compoñendo pouco a pouco toda a información coa que contribuiron ao libro "Sementando, Sementando...". Ademais fixeron unha chea de traballo relacionado en tódalas áreas. Como por exemplo "A árbore dos sufixos" que, por suposto, era un castiñeiro.

FOTOS DO LIBRO onde plasmaron todo o aprendido.





Cando chegou a primavera quixeron plantar unha semente de castaña a ver se nos anos vindeiros vai medrando no noso cole un novo castiñeiro.



Tamén os pais axudáronlles a preparar as árbores que colocaron na súa zona da maqueta. Como lles gusta moito asa-las castañas non esqueceron poñer tamén unha asadora.




No hay comentarios:

Publicar un comentario