jueves, 6 de marzo de 2014

DO SAMAÍN AO MAGOSTO

Corrían os meses de outubro e novembro...

No Samaín a cabaza foi dobremente protagonista. Por unha banda, toda a exposición e os murais enchéronse de cabazas nas mais diversas formas. Por outra banda, sementamos lecturas coa representación teatral do Conto "Corre, corre, cabaciña" a cargo dos nenos e nenas de 4º de Primaria. 

No magosto todo foi festa e xogos de outono coa castaña como gran protagonista.

AQUÍ e AQUÍ lembrámosvos o relato que daquela se fixo dos feitos que tamén tivo o seu oco na primeira edicion do xornal escolar.

Tamén queremos contarvos como viviron este traballo os nenos de infantil que secaron e gardaron as sementes de cabaza. Non fose o caso que tiveran que axudar os compis de 1º de Primaria cando precisasen sementar o seu cultivo.
Védelo AQUI

miércoles, 5 de marzo de 2014

NO OUTONO TRABALLAMOS COAS UVAS

Ademais de todo o traballo documental feito na aula de 5 anos A, os nenos e nenas de infantil de 3 e 4 anos quixeron desfrutar das uvas nesta tempada de vendima. Aproveitamos a abundancia de uvas no mercado para traelas as aulas e aprender a elaborar zume de uva...Foi a súa primeira receita. E que rico estaba!

Ademais aproveitaron para pintar acios xigantes entre todos para axudar un pouqueniño aos compis de 5. Na presentación das fotos non saen os de 4 anos porque a súa profe quería reservarlle á sorpresa aos pais deses nenos que os ian poder mirar na edición de nadal de Don moucho, o noso xornal.

 
uvasypintura - diapositivas

martes, 4 de marzo de 2014

CADA QUEN O SEU

Como é lóxico o primeiro que fixemos as titoras foi escoller sobre qué cultivo queriamos pescudar na nosa aula. Esta é a listaxe:


3 anos-----------------------A berza
4 anos-----------------------A pataca
5 anosA---------------------As uvas
5 anosB---------------------Os chícharos
1º de Primaria---------------A cabaza
2º  de Primaria--------------Os pementos
3º de Primaria---------------O millo
4º de Primaria---------------A castaña
5º de Primaria---------------Os grelos
6º de Primaria---------------O centeo

sábado, 1 de marzo de 2014

COMENZAMOS

Comenzamos a recoller aqui as pescudas e traballos que levan  facendo as distintas aulas sobre o noso Proxecto Documental Integrado dende principio de curso.