GRELOS

Este cultivo tocoulle ós nenos e nenas de 5 º de Primaria

No primeiro trimestre participaron como todo o cole na feitura do mapa colaborativo. Colocaron ás súas nabizas e a súa parte da lenda.



Ao longo de todo o curso todo o traballo documental que fixeron foi pescudando en internet a información que precisaban e contrastando as súas experiencias  sobre este cultivo, que algúns tiñan nas súas casas. 






 Así foi como aprenderon, entre outras moitas cousas de interese, como é a planta...


...como é  a súa flor. Aprenderon  que adoita ser amarela, pero algunhas como as que temos por aquí -e que puideron observar- son lilas!



... como é a súa semente e como cultivala para que a planta medre sá, fermosa e nutritiva.








Tamén traballaron na receita mais tradicional coa que se fan os grelos... O CALDO GALEGO! e pescudaron nas súas propiedades para a nosa saúde.



Non se quedaron no tradicional, así que quixeron probar outra receita mais moderna e sinxela, pero riquísima. Grelos con ovo cocido! Mmm!




No entroido  disfrazáronse de espantallos xunto  cos compañeiros de 6º de Primaria. É que precisamos moitos deles para a morea de cultivos que temos na horta...




Tamén puxeron o seu granciño na elaboración da maqueta da horta e nos presentaron non só unha parcela na que medraban os grelos senon tamén unha sementeira.





Lede con atención as páxinas que elaboraron para o libro que alí todo volo explican.




E como son moi bos lectores recoméndanvos que leades a historia de "Marcelo o morcego", pois a este bichiño gústanlle moito os grelos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario