VERZAS

Os de 3 anos estivemos a pescudar sobre as verzas a partir da personaxe do "Lobo feroz e o conto da editorial Kalandraka "Loboferoz". Todo o traballo que fixemos estivo vencellado tamén  ao noso proxecto "A xoaniña" desenvolvido  ao longo do segundo trimestre.
Todo comezou no Samaín cando nos visitou o "Lobo" e deunos tanto arrepío que tivemos que pensar estratexias para lle perder o medo. Cando nos demos de conta,- polos contos tradicionais e aquel tan  divertido que tiña a profe-, de que   ese lobo "chuchado"  non era quen de comer ningún bó bocado, o noso prantexamento foi que non lle quedaría mais remedio que afeccionarse ás verduras, xa que tiñan moitas vitaminas e minerais.  A verza é a que escollemos para el. E o caldo de verza é a receita que lle preparamos. 

No primeiro trimestre participamos con todo o cole na feitura do mapa colaborativo e colocamos a nosa parte da lenda para que todo o mundo o entendera.



Pero como somos pequenos e gústanos dar moitas viravoltas primeiro pescudamos sobre o cultivo ecolóxico da man das nosas amigas as xoaniñas. Daquela ao longo do proxecto aprendimos que as xoaniñas son moi beneficiosas para as verduras e para as plantas en xeral. E que lles encanta comer pulgóns. Perfecto! En canto o tempo nos deixaba sair ao patio puxémonos a procurar xoañinas coma tolos. E abofé que mais adiante na primavera fomos quen de atopar unhas poucas.



No inverno como non deixaba de chover tivemos que decirlle a nosa amiga Sol que plantase por nós as verzas na horta (é que nós eramos moi pequenos para mollarnos). E en canto tiñamos oportunidade íamos visitar as nosas verduras. Íamos de poucos en poucos porque todos non cabiamos na nosa parceliña. Auga non precisaban porque xa tiñan abondo.

No entroido traballamos nos nosos disfraces de xoañinas . Unha xoañina "xigante" coma nós para cadansúa folla de verza. Non queriamos que ningunha folla fose atacada polos pulgóns.





Na primavera aprendemos que ademais é bo facer compost e visitámo-la composteira do cole. Dende aquela botamos nun cubo especial as mondas de plátano e todo o que nos explicou Sol para levalas alí a descompoñer.















Cando as verduras estiveron listas chamamos ao lobo e aprendemoslle a face-lo Caldo de verza...Fixádevos como se fai!.




RECETACALDOBERZAS3ANOS2013-14 - Movie Maker

Ademais de todo o que experimentamos tamén estivemos pescudando en internet cómo eran as verzas...a súas follas, o seu talo, a súa flor, o seu nome científico e comparando o que viamos no ordenador coas verzas da nosa horta.
Fixemos flores de plastilina para preparar os debuxos das verzas que iamos poner na nosa parte do libro.




Como xa eramos uns expertos en verzas foi doado tamén facer unhas verzas de plastilina para a maqueta do cole. A profe tivo que axudarnos a suxeitalas, pero non importa.








Por fin puxémonos a traballar na nosa parte do libro dos cultivos e este é o resultado






Ah! e para que non se nos esquecera todo o que pescudamos a profe montouno todo nun powerpoint

A VERZA GALEGA

No hay comentarios:

Publicar un comentario