sábado, 3 de mayo de 2014

SEMENTANDO NO ENTROIDO

Comezamos as celebracións de Entroido elixindo o noso Meco que non podía ser outro este curso que  o inimigo dos bichos que queren papar os nosos cultivos, chamámoslle Flis. Eso sí como estamos moi concienciados dos coidado que merece  a nosa terriña, e daquela o noso planeta, tivemos sempre na cabeza o control natural das plagas e a agricultura ecolóxica. Ía ben preparado  xoaniñas, abellas  e outros insectos beneficiosos, plantas aromáticas e flores que non deixan achegarse ós estranos, mesmo un "matamoscas" levaba por se fose preciso...
O meco deu as ordes necesarias e comezou a Semana da Troula. Os días foronse debullando coma o millo e os nenos e nenas convertironse en auténticos agricultores preparados para cultivar o que fixese falla.


 As fotos do resultado final da troula AQUI

Mentras o traballo levaba un ritmo acelerado nas aulas para non chegar tarde ao noso acontemento especial: O desfile de entroido. Desfile e baile; todos tivemos que aprender unha cantiga colaborativa na que cada quen puxo rima e ritmo ao cultivo ou elemento "agrario" co que desfilaba.
Sen esquecer da laboura literaria dos maiores do cole confeccionando as coplas e o testamento de Meco.



Cando chegou o día o patio encheuse de xoaniñas protectoras de candansúa verza, patacas disfrazadas de Mr e Mrs Potato, uvas, chícharos, cabaciñas, pementos de tódalas cores, espigas de millo, castañas e uns estupendos espantallos para estar ben protexidos. Nalgunha das páxinas das aulas (as pestanas de arriba) hai fotos da confección dos traxes.
Están tódalas fotos nesta ligazón



Tamén entre todos cambiamos a letra a  unha canción de Susa Herrera, á que dende aquí pedímoslle desculpas pola nosa tremenda ousadía, e aproveitamos a súa música como karaoke; pero é que nos gustan tanto as súas cancions...

OS CULTIVOS NA REVISTA DON MOUCHO DE NADAL

Uvas, castañas, cabazas e pementos...moitos dos cultivos cos que vimos traballando estiveron presentes na nosa primeira edición da revista escolar don Moucho deste curso.

O NOSO MAPA DE CULTIVOS

No mes de nadal o noso mapa estaba listo. Nas aulas traballárase arreo para investigar a orixe dos nosos cultivos e pouquiño a pouco tódolos nenos e nenas foron baixando coas duas profes e colocando cada cousa no seu lugar. Tamén cofeccionamos colaborativamente unha lenda para que todo o mundo poidese interpretar o noso mapa.




jueves, 6 de marzo de 2014

DO SAMAÍN AO MAGOSTO

Corrían os meses de outubro e novembro...

No Samaín a cabaza foi dobremente protagonista. Por unha banda, toda a exposición e os murais enchéronse de cabazas nas mais diversas formas. Por outra banda, sementamos lecturas coa representación teatral do Conto "Corre, corre, cabaciña" a cargo dos nenos e nenas de 4º de Primaria. 

No magosto todo foi festa e xogos de outono coa castaña como gran protagonista.

AQUÍ e AQUÍ lembrámosvos o relato que daquela se fixo dos feitos que tamén tivo o seu oco na primeira edicion do xornal escolar.

Tamén queremos contarvos como viviron este traballo os nenos de infantil que secaron e gardaron as sementes de cabaza. Non fose o caso que tiveran que axudar os compis de 1º de Primaria cando precisasen sementar o seu cultivo.
Védelo AQUI

miércoles, 5 de marzo de 2014

NO OUTONO TRABALLAMOS COAS UVAS

Ademais de todo o traballo documental feito na aula de 5 anos A, os nenos e nenas de infantil de 3 e 4 anos quixeron desfrutar das uvas nesta tempada de vendima. Aproveitamos a abundancia de uvas no mercado para traelas as aulas e aprender a elaborar zume de uva...Foi a súa primeira receita. E que rico estaba!

Ademais aproveitaron para pintar acios xigantes entre todos para axudar un pouqueniño aos compis de 5. Na presentación das fotos non saen os de 4 anos porque a súa profe quería reservarlle á sorpresa aos pais deses nenos que os ian poder mirar na edición de nadal de Don moucho, o noso xornal.

 
uvasypintura - diapositivas

martes, 4 de marzo de 2014

CADA QUEN O SEU

Como é lóxico o primeiro que fixemos as titoras foi escoller sobre qué cultivo queriamos pescudar na nosa aula. Esta é a listaxe:


3 anos-----------------------A berza
4 anos-----------------------A pataca
5 anosA---------------------As uvas
5 anosB---------------------Os chícharos
1º de Primaria---------------A cabaza
2º  de Primaria--------------Os pementos
3º de Primaria---------------O millo
4º de Primaria---------------A castaña
5º de Primaria---------------Os grelos
6º de Primaria---------------O centeo

sábado, 1 de marzo de 2014

COMENZAMOS

Comenzamos a recoller aqui as pescudas e traballos que levan  facendo as distintas aulas sobre o noso Proxecto Documental Integrado dende principio de curso.